Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Celebración en Francia do 30º aniversario da irmandade entre os pobos de Carballo e L’Isle Jourdain

Evencio Ferrero, Maruxa Suárez e Ramón Varela viaxaron a terras francesas para devolver a visita que realizou en abril o concello francés

Sábado 9 de novembro do 2024 Cultura

Os alcaldes das vilas irmás

Os alcaldes das vilas irmás

Carballo e L’Isle Jourdain festexan 30 anos de irmandade. No mes de abril visitou o noso concello unha ampla expedición da vila francesa, encabezada polo seu alcalde, Francis Idrac, e esta fin de semana devolvémoslles a visita cunha comitiva, tamén numerosa, da que, forman parte o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez; o concelleiro de Mocidade, Ramón Varela, e a presidenta do Comité de Irmandade de Carballo con L’Isle Jourdain, Ana Cancela, entre outros veciños e veciñas do noso concello.

Despois da recepción oficial, celebrada a última hora da tarde do venres, e na que Evencio Ferrero, Maruxa Suárez, Ramón Varela e Ana Cancela se uniron ao coro de L’Isle Jourdain para cantar Fisterra, nun acto moi emotivo, os carballeses e carballesas aproveitan a estancia para participar na Feira de Saint-Martin, que se celebra esta fin de semana, e para visitar outros puntos de interese como o Museo de Arte Campanaria, a granxa de asnos de Embazac ou a casa de Claude Augé, creador do dicionario Petit Larousse Ilustrado.

Nesta 47ª edición da Feira de Saint-Martin, Carballo ocupa un lugar moi especial. De feito, entre os numerosos actos que se desenvolverán ao longo de toda a fin de semana figura a exposición Carballo, 30 anos de irmandade, que pode visitarse na casa do concello.

Compartir: