Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A presentación do documental “Bravú XXX” abriu a programación do clásico “Novembro con música”

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo tamén ten preparadas para este mes varias audicións e actuacións

Sábado 9 de novembro do 2024 Cultura

A presentación do documental Bravú XXX, producido por Nós Televisión coa colaboración de varias institucións, entre elas o Concello de Carballo, abriu o Novembro con música, un programa impulsado desde a Concellaría de Cultura que se nutre, principalmente, de talento local. De feito, nesta edición participan oito entidades coas súas propias propostas.

Algo máis de sesenta persoas achegáronse ao Pazo da Cultura para ver en primicia o documental que recolle 30 anos de historia dun movemento que marcou un antes e un despois na música galega. Algúns dos seus impulsores, entre eles o polifacético Xurxo Souto, que é tamén o condutor da película, participaron na presentación en Carballo, á que se sumou a concelleira e alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro.

Novembro con música continúa este sábado co aniversario do Coro Aires de Bergantiños, pero ao longo de todo o mes poderemos escoitar todo tipo de estilos musicais. Entre as propostas que achega o Concello de Carballo destaca o concerto de A Pedreira, previsto para o venres 15 ás 21.00 horas, coa colaboración da Deputación da Coruña. No cartel podedes ver o calendario completo.

A este Novembro con música tamén se suma o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS Carballo) cunha chea de actuacións e audicións. Este é o programa:

  • 12 de novembro: audición de trompeta (salón de actos, 19.00 horas)
  • 15 de novembro: audición de guitarra (aula 13, 19:00 h) e actuación da Orquestra de Corda no 50º aniversario da casa do concello (salón de sesións da casa do concello, 20.00 h)
  • 20 de novembro: concerto de profesores por Santa Icía (salón de actos, 19:00 h)
  • 21 de novembro: audición de clarinete e saxofón jazz (salón de actos, 18:00 h)
  • 25 de novembro: audición de violoncello (salón de actos, 17:00 h)
  • 26 de novembro: audición de clarinete e caxofón clásica (salón de actos, 18:00 h)
  • 28 de novembro: audición do departamento vento metal (auditorio, 17:30 h)

Descargas

Compartir: