Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Arrancan os preparativos para a 10K Carballo, que se celebrará o 18 de xuño

A carreira , incluída no circuíto da Deputación, terá un percorrido urbano de 10.000 metros homologado pola Federación de Atletismo

Mércores 12 de abril do 2017

Faltan pouco máis de dous meses para a celebración da 10K, e o Concello de Carballo, a través de Carballo Deporte, xa está engraxando a maquinaria para que a multitudinaria carreira popular volva a ser un éxito. Este ano a cita quedou fixada para o 18 de xuño dentro do V Circuíto Provincial de Carreiras Populares. Hoxe fíxose público o cartel anunciador da proba, no que destacan as imaxes dos gañadores da última edición, Paula Mayobre e Abdelaziz Fatihi.

Ademais da Deputación da Coruña, o Concello de Carballo conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e de varios patrocinadores para o desenvolvemento da carreira, totalmente gratuíta para os/as participantes.

A 10K discorrerá por un circuíto totalmente urbano de 10.000 metros, homologado pola Federación, aínda que as distancias variarán en función das categorías. Proximamente comunicarase a apertura do prazo de inscrición, que será gratuíta e poderá realizarse a través de championchipnorte.com. As persoas que precisen máis información poden poñerse en contacto con Carballo Deporte nas oficinas da rúa Vila de Corcubión ou no número de teléfono 981 702 109.

Compartir: