Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O Concello de Carballo destina este ano a cifra récord de 109.000 euros á convocatoria de subvencións para entidades deportivas

A Concellería de Deporte apoia tanto a actividade regular das asociacións como a organización de eventos de carácter extraordinario e a participación en fases de ascenso a competicións estatais

Martes 13 de xuño do 2017

O Concello de Carballo destina a cifra récord de 109.000 euros a subvencionar a actividade das entidades deportivas do municipio a través de tres liñas de subvencións. O goberno municipal entende o deporte como un elemento fundamental na formación integral, na mellora da calidade de vida da cidadanía e na cohesión, polo que considera preciso destinar recursos económicos á promoción da actividade deportiva a través das entidades que tanto e tan ben están a traballar no noso concello.

Por unh banda, a Concellería de Deporte apoia a actividade xeral que desenvolven as entidades deportivas cunha partida de 89.000 euros. En función dunha serie de criterios establecidos nas bases, as asociacións e os clubs poderán cubrir ata o 100% do orzamento de gastos ata un importe máximo de 20.000 euros.

Outra das liñas vai dirixida a apoiar ás entidades deportivas para o financiamento de organización e participación en fases finais de ascenso e competicións estatais ao longo deste ano. A partida fixada neste caso é de 10.000 euros, a mesma cantidade que se consigna para o financiamento de eventos e actividades deportivas de carácter extraordinario.

As convocatorias foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no documento anexo poden consultarse as bases completas.

Descargas

Compartir: