Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

A Policía Local de Carballo porá en marcha un dispositivo especial de mobilidade durante a celebración da 10K

Os cortes comezarán ás 10 horas só nas rúas que percorrerán as categorías inferiores, e de 10.45 a 13 h ampliaranse ao circuíto completo

Venres 16 de xuño do 2017

Xa está todo a punto para a celebración da 10K Carballo, incluído o dispositivo especial de mobilidade que porá en marcha a Policía Local durante a celebración da carreira popular. Ademais dos 1.300 participantes que acapararon todas as prazas dispoñibles (ampliáronse 50 prazas o último día debido á gran demanda) na categoría absoluta, este domingo correrán polas rúas de Carballo outros 641 deportistas de diferentes categorías. En total tramitáronse 1.941 inscricións a través da plataforma online www.championchipnorte.com

Co dispositivo de mobilidade establecido pola Policía Local, desde o Concello de Carballo preténdense minimizar as molestias á veciñanza, en especial ás persoas residentes nas rúas polas que discorrerán as carreiras. Ás 10 da mañá quedarán pechadas as rúas Gran Vía, Doutor Fleming, Valle-Inclán, Colón e Desiderio Varela, que conforman o circuíto para as categorías xuvenil-cadete e infantil-alevín, e tamén as rúas anexas. A partir das 10.45 o corte estenderase a todo o percorrido da 10K: Saída da rúa Gran Vía e meta na rúa Colón pasando en dúas voltas por Gran Vía, Vázquez de Parga, Ánxel Fole, Enrique Sánchez, Ponte da Pedra, Perú, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. de Fisterra, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río Miño,Río Anllóns, Fomento, Camiño Novo, Vázquez de Parga, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela con inclusión de punto de avituallamento a altura aproximada do KM 5,2 na rúa Gran Vía.

Aos veciños e veciñas que teñan garaxes nesas rúas prégaselles que saquen previamente os seus vehículos. Así mesmo, a toda a cidadanía recoméndaselle usar itinerarios alternativos, como a circunvalación da AG-55.

Horarios

Os horarios e as distancias das distintas carreiras poden consultarse no cadro anexo.

Os dorsais e os chips poderán recollerse no edificio do mercado municipal ben o 17 de xuño, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, ou o mesmo día da carreira, o domingo 18 de xuño, dende as 08.45 horas ata 30 minutos antes da saída de cada categoría. As persoas inscritas deben presentar DNI, licenza federativa e resgardo da inscrición.

Compartir: