Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Os pavillóns do IES Monte Neme e do CEIP Fogar xa están listos para ser utilizados dentro e fóra do horario lectivo

O Concello de Carballo investiu case 80.000 euros nos novos pavimentos, que garanten unhas instalacións seguras para a práctica deportiva

Xoves 10 de agosto do 2017

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira Milagros Lantes visitaron hoxe os pavillóns do IES Monte Neme e do CEIP Fogar, nos que xa remataron as obras de instalación dos novos pavimentos deportivos. O Concello de Carballo investiu 78.529 euros nos dous pavimentos, adaptados á normativa europea sobre seguridade e confort do deportista. Ademais, dentro do mesmo contrato incluíuse o pintado de pistas para a práctica de diferentes modalidades deportivas.

No Monte Neme o alcalde e a concelleira estiveron acompañados pola directora do instituto, Rosario Couto, que valorou de forma moi positiva o investimento realizado, xa que permitirá optimizar o uso da instalación tanto dentro como fóra do horario lectivo. Xunto coa instalación do novo pavimento, no IES estase a proceder nestes momentos á substitución dos canlóns da cuberta para evitar humidades, e ademais atópase en fase de contratación o proxecto de ampliación do centro que acometerá a Consellería de Educación cun orzamento próximo ao millón de euros e que suporá un salto cualitativo nas instalacións.

No pavillón do CEIP Fogar o pavimento é lixeiramente acolchado

No pavillón do CEIP Fogar o pavimento é lixeiramente acolchado

No pavillón do CEIP Fogar, a nova pista -que ten un pavimento diferente ao do IES Monte Neme, lixeiramente acolchado- xa estaba sendo utilizada hoxe polas nenas e os nenos que participan no campamento de verán das Escolas de Balonmán Xiria.

Coa instalación dos novos pavimentos deportivos, o goberno municipal cumpre o compromiso acadado nos convenios de colaboración con ámbolos dous centros para que as instalacións deportivas poidan ser xestionadas polo propio Concello, a través do servizo de Carballo Deporte, fóra do horario lectivo, coa finalidade de poñelas a disposición das entidades deportivas do noso concello, que cada vez desenvolven una actividade máis intensa.

Compartir: