Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

A Xunta de Goberno Local aprobou subvencións por un total de 109.000 euros para as entidades deportivas

Xoves 31 de agosto do 2017

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria de hoxe subvencións por importe de 109.000 euros para as entidades deportivas do noso concello, unha cifra récord destinada a apoiar a actividade que desenvolven clubs e asociacións ao longo do ano.

A Concellería de Deporte apoia a actividade xeral que desenvolven as entidades deportivas cunha partida de 89.000 euros. En función dunha serie de criterios establecidos nas bases, un total de 16 asociacións e clubs de fútbol sala, natación e triatlón, voleibol, atletismo, baloncesto, ciclismo, xadrez, hóckey, balonmán, fútbol, salvamento e socorrismo, judo e kárate poderán cubrir unha porcentaxe de ata o 100% dos seus orzamentos de gastos.

Outra das liñas vai dirixida a apoiar ás entidades deportivas para o financiamento de organización e participación en fases finais de ascenso e competicións estatais ao longo deste ano, e a ela acolléronse 3 entidades para a participación nun total de tres campionatos estatais e dúas fases de ascenso. En canto ao financiamento de eventos e actividades deportivas de carácter extraordinario, ao que vai dirixida a terceira convocatoria realizada polo Concello de Carballo, as 9 entidades beneficiadas levarán a cabo 12 competicións de distinto tipo.

Descargas

Compartir: