Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Bergantiños e Deportivo asinaron nas Eiroas un convenio de colaboración para o fomento do fútbol base

O Deportivo quere concentrar en Carballo a súa acción de captación de talento na comarca de Bergantiños e en toda a Costa da Morte

Venres 1 de decembro do 2017

Luciano Calvo e Tino Fernández

Luciano Calvo e Tino Fernández

Os presidentes do Bergantiños e da Escola Luis Calvo Sanz, Luciano Calvo, e do Deportivo, Tino Fernández, asinaron onte nas Eiroas un convenio de colaboración entre esas entidades para o fomento do fútbol base. Ao acto asistiu o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ademais doutros persoeiros da vida social, política e económica do concello e de toda a comarca. 

O alcalde, xunto a Alberto Sueiro, no acto

O alcalde, xunto a Alberto Sueiro, no acto

O acordo, polo que queda de tempada máis outras dúas e opción a unha cuarta, contempla prestacións económicas para o Bergantiños por parte do Deportivo, que financiará becas para gastos de desprazamento aos xogadores nos que estea interesado, así como pagos de entre 900 e 2.000 euros polos futbolistas que se incorporen ao club coruñés, cantidades que se incrementarían segundo a proxección do xogador (por exemplo, que chegue ao primeiro equipo blanquiazul ou mesmo á Selección española, ou que sexa traspasado). 

O acordo -que ten, “máis alá da cesión de xogadores, unha compoñente social, para que os rapaces vaian ver os partidos, tamén de relación e de fomento do deportivismo”, en palabras do presidente do Deportivo- supón que Carballo sexa o eixo e centro onde o Deportivo quere concentrar a súa acción de captación de talento na comarca de Bergantiños e en toda a Costa da Morte. “Nesta zona, a nosa preferencia son o Bergantiños e a Escola Luis Calvo", asegurou Fernández.

Compartir: