Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Formalizado o convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Un Paso Máis

O Concello achegará 3.000 euros para contribuír ao financiamento do programa deportivo desenvolvido ao longo do ano

Martes 19 de decembro do 2017

Evencio Ferrero, Manuel Cantelar e Marcos Trigo, na sinatura de hoxe

Evencio Ferrero, Manuel Cantelar e Marcos Trigo, na sinatura de hoxe

O Concello de Carballo financia con 3.000 euros o programa de actividades desenvolvidas pola Agrupación Deportiva Un Paso Máis, tal como figura no convenio que asinaron hoxe o alcalde, Evencio Ferrero, e o presidente da asociación, Manuel Cantelar. Ao acto asistiu tamén o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. 

Deste xeito, tal como aprobou onte a Xunta de Goberno Local, o Concello de Carballo contribúe cunha subvención nominativa ao desenvolvemento das actividades Todos xuntos, escola deportiva de paddle, equitación inclusiva, escola de multideporte e campamento inclusivo de verán, dirixidas a persoas con discapacidade e ao público en xeral.

Compartir: