Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

0 25 DE XULLO CELEBRARASE O TORNEO FUNDACIÓN LUIS CALVO SANZ

Razo acolle un ano máis tres pistas de volei praia de uso gratuíto por libre ou nas escolas para maiores de 9 anos

Unha media de 2.000 persoas participan cada verán na actividade organizada pola ADC Volei Praia Costa da Morte e o Concello de Carballo

Mércores 7 de xullo do 2021

Foto de arquivo de volei praia en Razo

Foto de arquivo de volei praia en Razo

Volve o volei praia a Razo! Ou, mellor dito, xa volveu, porque as actividades que vén organizando cada verán a ADC Volei Praia Costa da Morte coa colaboración do Concello de Carballo desenvólvense dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Xa podes desfrutar, polo tanto, das tres pistas habilitadas tanto por libre coma nas escolas.

As redes están instaladas na zona da explanada, nunha superficie aproximada de 750 metros cadrados para fomentar a convivencia entre esta e o resto das actividades que desenvolven no areal. Dende o Concello de Carballo consideramos a práctica do volei praia dobremente interesante, xa que, por unha banda, achega un valor engadido á oferta de servizos que se prestan nas praias, e, por outra, reforza a nosa aposta polo deporte como parte dunha vida saudable. Neste sentido, a Xunta de Goberno Local aprobou recentemente un convenio de colaboración coa ADC Volei Praia Costa da Morte para financiar a actividade cunha achega de 4.500 euros.

A iniciativa ten unha excelente acollida, como reflicten os datos de participación. Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000. As pistas están dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas, pero tamén existe a opción de practicar deporte nas escolas de volei para todas as idades, a partir de 9 anos, a diario e de balde, de 17.00 a 18.00 horas. E, ademais, o día 25 de xullo celebrarase o Torneo Fundación Luis Calvo Sanz.

Toda a info e inscricións, no teléfono 606 400 858.

Compartir: