Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O Turismo Carballo Artai Xiria recibiu o trofeo de subcampión galego da 3ª División masculina de baloncesto

Luns 26 de xullo do 2021

O equipo sénior masculino de baloncesto Turismo Carballo Artai Xiria recibiu este luns o trofeo de subcampión galego de 3ª división masculina da temporada 2020/2021. No acto de entrega estiveron presentes José Manuel Villamarín, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Marcos Trigo, edil de Deporte e Cultura, en representación do Concello de Carballo. Por parte do CB Artai estará presente Macarena Mato, directora do CPR Plurilingüe Artai, e por parte de Xiria, o seu director deportivo, Arturo Ferraces.

O equipo dirixido por Alberto García Patiño disputou en Carballo o pasado 12 de xuño a fase de ascenso, acadando a vitoria tras vencer en semifinais a Esclavas Trebóns e na final o CB Ames. Desta forma conseguía o ascenso e no cómputo global de toda a temporada lograba o subcampionato galego, superado polo Seis de Nadal de Vigo, campión da outra fase de ascenso.

O acto foi moi especial para o adestrador do equipo

O acto foi moi especial para o adestrador do equipo

A temporada do equipo carballés foi espectacular, pois só perdeu dous partidos na liga regular, o que lle permitiu acadar o campionato da delegación coruñesa e sumando as dúas vitorias na fase de ascenso En total disputaron 18 partidos, sumando 16 vitorias.

O acto de hoxe foi moi especial para o adestrador do equipo, Alberto García Patiño, pois deixa o club tras catro temporadas repletas de éxitos. Neste catro anos acadou dous ascensos de categoría, dous subcampionatos galegos con dous equipos distintos e unha Copa Coruña.

Compartir: