Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

A Escola de Natación do Concello de Carballo iniciará o 13 de setembro as actividades do curso 2021-22

Consulta aquí a relación de admitidos/as, horarios e protocolo COVID-19

Venres 27 de agosto do 2021

O 13 de setembro iniciará a súa actividade a Escola de Natación 2021-22. Tal como consta na resolución que pode descargarse ao remate desta nova, dende a área de Deportes procedeuse á cobertura das 540 prazas ofertadas mediante renovación automática dos usuarios do curso 2020/21 e comunicación da dispoñibilidade de praza ao resto de usuarios e usuarias pola seguinte orde: 

  1. Usuarios e usuarias con adiamento da participación con reserva de praza.
  2. Usuarios e usuarias preinscritos mediante aboamento ós servizos deportivos e solicitude de inclusión na lista de espera para a actividade.

A partir de agora ábrese un prazo ata o 10 de setembropara solicitar o cambio de grupo asignado ou comunicar a renuncia á praza, nas seguintes condicións:

  • Os participantes que comuniquen renuncia perderán a súa praza na Escola de Natación.
  • Na solicitude de cambio de grupo priorizaranse as solicitudes motivadas pola incompatibilidade co horario lectivo obrigatorio dos participantes e ca asistencia de irmáns, por esa orde, e a condición de que o cambio solicitado sexa posible atendendo ós criterios técnicos organizativos da actividade.

As comunicación de renuncia e solicitudes de trocos de grupo e aprazamentos poden efectuarse por tres vías: rexistro telemático do Concello de Carballo, correo electrónico á dirección carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión S/N.

Toda a información, así coma os apectos máis destacados do protocolo de prevención da COVID-19, poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: