Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Volve a actividade ao pavillón Carballo Calero tras as melloras realizadas na fachada e na cuberta

A actuación foi financiada con cargo ao remanente de tesourería do ano 2019 cun orzamento de 255.312 euros

Mércores 15 de setembro do 2021

Evencio Ferrero e Marcos Trigo, na parte traseira do pavillón

Evencio Ferrero e Marcos Trigo, na parte traseira do pavillón

O pavillón do complexo deportivo Carballo Calero xa está operativo tras as obras de mellora realizadas na fachada e na cuberta co obxectivo de solucionar os problemas de filtracións de auga, humidades e condensación que viñan afectando nos últimos tempos ao desenvolvemento da actividade deportiva.

A actuación, realizada pola empresa carballesa Covisam cun orzamento de 255.312,90 euros procedente do remanente de tesourería do ano 2019, centrouse na mellora da envolvente do edificio, que ten unha superficie de 1.720 metros cadrados, mediante a substitución integral da cuberta e o revestimento das fachadas. Tamén se realizaron traballos de mantemento e conservación nas ventás e nos accesos traseiros, e aproveitáronse as obras para mellorar o acceso a dous almacéns situados na parte traseira do pavillón, que agora contan con portais de dimensións axeitadas para a almacenaxe de material deportivo coma porterías ou canastras.

Coincidindo co remate das obras, o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, realizaron un percorrido polo interior e polo exterior da instalación, que ten agora un acabado estético ben diferente. A instalación foi construída no ano 1995, e 26 anos despois presenta outras necesidades tamén no interior que dende o Concello de Carballo intentarán solucionarse nunha segunda fase.

Compartir: