Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 28 DE OUTUBRO

O Concello de Carballo retoma o programa de exercicio físico para maiores con medidas adaptadas á situación sanitaria

Luns 18 de outubro do 2021

Exhibición de clausura do curso 2018-2019

Exhibición de clausura do curso 2018-2019

O Concello de Carballo retomará no mes de novembro o programa de exercicio físico para maiores, dirixido a persoas de 65 anos en diante que queiran desenvolver un estilo de vida activo e saudable. A actividade estivo paralizada dende o inicio da pandemia, pero a situación sanitaria actual permite recuperala, iso si, coas imprescindibles medidas de prevención da COVID-19.

Esas medidas influirán, por exemplo, na composición dos grupos, de xeito que o número máximo de integrantes de cada un dependerá do aforo do local no que se vaia desenvolver. Aínda así poderían participar máis de 800 persoas en total.

As persoas que participaban con anterioridade no programa deberán renovar a súa inscrición, ao tempo que se abre a matrícula para novos/as participantes. En ámbolos dous casos o prazo está aberto ata o 28 de outubro. Os impresos de renovación ou alta poden descargarse máis abaixo, e deben entregarse ou ben nas oficinas de Carballo Deporte ou ben en calquera dos rexistros municipais.

O programa de exercicio físico pretende fomentar estilos de vida activos e saudables, mellorar a calidade de vida da poboación maior a través da actividade física e da inserción social, ademais de influír positivamente no proceso de envellecemento axudando ás persoas participantes a manter un nivel suficiente de capacidade funcional, a reducir o risco de padecer doenzas cardiovasculares e osteoarticulares e a mellorar a súa seguridade.

Descargas

Compartir: