Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Razo acolle esta fin de semana un seminario para monitores/as das escolas de surf que participan no proxecto "Aprende a través do surfing"

Profesorado dos centros escolares de sete concellos da Costa da Morte tamén asistirá o domingo a un programa de formación específico

Sábado 22 de xaneiro do 2022

A praia de Razo convértese esta fin de semana no punto de encontro do monitorado das escolas de surf adheridas ao programa "Aprende a través do surfing" en Galicia e Asturias, unha das novas comunidades autónomas que se suma este ano ao proxecto educativo, deportivo e medioambiental impartido pola Federación Española de Surfing e Surf and Clean.

O seminario DEAN (Defensa dos espazos acuáticos naturales), que conta co recoñecemento do Consello Superior de Deportes, vai destinado a xerentes e direccións deportivas de escolas náuticas. Para todos eles está deseñada unha formación presencial de 16 horas de duración que se complementará con prácticas con alumnado do proxecto durante o período comprendido entre marzo e xuño. Deste xeito, as escolas de surfing quedan habilitadas para poder formar parte da iniciativa "Aprende a través do surfing". En total participarán oito escolas de Galicia e Asturias.

Paralelamente, para o domingo 23 está programada unha actividade na praia dirixida a profesorado dos centros escolares de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso adheridos ao proxecto. A formación está limitada a un máximo de 12 participantes.

Ligazóns

Compartir: