Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Grandes mestres e novos talentos internacionais acudirán ao Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo

Representantes do club organizador, O Toque Xiria, presentaron a competición acompañados polo alcalde

Mércores 17 de agosto do 2022

Do 26 de agosto o 2 de setembro disputarase o V Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo, unha competición por formato suízo a 9 roldas, valedeira para Elo Internacional e Nacional, con partidas diarias de 90 minutos máis 30 segundos de incremento, e que repartirá importantes premios en metálico máis trofeos.

Para este ano agárdase unha participación duns 50-60 xogadores, alguns deles fortes Grandes Mestres e Mestres Internacionais, como Vladimir Petkov de Bulgaria e varios xóvenes talentos indios, que se enfrontarán os millores xogadores locais. Así o avanzaron o presidente e o secretario do Club de Xadrez O Toque Xiria, Javier Teixeira e Laureano Faya, respectivamente, que presentaron hoxe o cartel acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero.

O torneo é puntuable para o XXXIII Circuíto Galego de Xadrez 2022, organizado pola Federación Galega de Xadrez, e para o VI Circuíto Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña 2022. As partidas comenzarán as 17.00 horas na planta alta do Mercado Municipal, e retransmitiránse en directo por Internet os 5 primeiros taboleiros por chess24.com.

O prazo de inscrición aínda está aberto. Máis información en xadrezcarballo@gmail.com e na ligazón inferior.

Ligazóns

Compartir: