Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O Concello de Carballo participa un ano máis na Campaña de Neve 2023, dirixida á rapazada de 11 a 15 anos

Xa podes consultar a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as

Luns 19 de decembro do 2022

Estación de esquí de Valgrande-Pajares

Estación de esquí de Valgrande-Pajares

O Concello de Carballo participa un ano máis na Campaña de Neve da Deputación da Coruña, que volverá a celebrarse na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2022) e que estean empadroados no noso municipio.

Os nenos e nenas de Carballo participarán na segunda quenda da campaña, do 20 ao 23 xaneiro. O prazo de preinscrición rematou o 16 de decembro, e con data 19 de decembro faise pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as. A cota de participación individual establecida pola Deputación é de 85,00 €, que deberá aboarse no momento da adxudicación da praza.

Dado que hai máis solicitudes que prazas, está previsto realizar un sorteo público o xoves 22 de decembro, ás 11.00 horas, na Casa do Concello. Terán preferencia os solicitantes que non teñan participado anteriormente nas campañas de esquí da Deputación da Coruña.

Descargas

Compartir: