Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

9º DÍA DO PEQUEBASKET

Máis de 400 nenas e nenos de 42 equipos celebrarán as Letras Galegas xogando ao baloncesto en Carballo

O alcalde e o concelleiro de Deporte asistiron á presentación do cartel, que tivo lugar na Biblioteca Rego da Balsa

Sábado 6 de maio do 2023

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, asistiron este venres á presentación oficial do 9º Día do Pequebasket, organizado pola Escola Basket Xiria. O presidente do club, Primitivo Xurxo Reguera, e o da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, completaron o panel de oradores. Pero ademais houbo unha actuación moi especial, a de MeRe Clown, que ofreceu o contacontos A verdadeira historia de Hamelin ao numeroso público infantil que se deu cita no acto.

Evencio Ferrero lembrou os 40 anos da fundación da Agrupación Deportiva Xiria e o gran esforzo que supuxo naqueles tempos, ao igual que os inicios do Pequebasket. Marcos Trigo tamén botou a vista atrás e aludiu aos seus inicios compartidos en diferentes deportes, dentro de Xiria, co presidente de Basket Xiria. Julio Bernárdez fixo facía fincapé na aprendizaxe e respecto que eventos como o Día do Pequebasket inculcan e que a través da campaña O baloncesto educa están a trasladar tamén dende a Fegaba. Pola súa banda, Primitivo Reguera salientou que o Día do Pequebasket é un evento de todo o club, que implica a xogadores que iniciaron a actividade hai anos pero que seguen vinculados a ela traballando e axudando a organizalo. Ademais, agradeceu o apoio de institucións, empresas e entidades para poder celebrar un ano máis a gran festa do baloncesto galego en Carballo.

O 17 de maio, Carballo volverá a ser a capital do pequebasket, con 418 nenos e nenas de 42 equipos procedentes de toda Galicia que desfrutarán dunha xornada de deporte, deportividade e diversión nunha data data tan sinalada coma o Días das Letras Galegas.

Compartir: