Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Carballo, capital do deporte de base coas finais alevín e benxamín de balonmán e do galego de hóckey feminino sub-13

Venres 2 de xuño do 2023

A presentación do torneo de hóckey tivo lugar no pavillón Carballo Calero

A presentación do torneo de hóckey tivo lugar no pavillón Carballo Calero

Carballo é deporte, e volveremos a demostralo esta fin de semana con dúas competicións que converten o noso concello na capital do deporte galego de base.

Presentación da competición de balonmán

Presentación da competición de balonmán

Por unha banda, o pavillón Carballo Calero é a sede da Final 4 do campionato galego de hóckey feminino na categoría sub-13. Este sábado dispútanse as semifinais. O equipo local, o Dolce Café Escola Lubiáns, medirase ao CH Compostela ás 18.30 horas. Na outra eliminatoria enfrontaranse ás 17.00 horas o Deportivo Liceo e o CH Oleiros. O domingo xogaranse o terceiro e cuarto posto (10.30 horas) e a final (12.00 horas).

Na presentación do evento deportivo participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, que tamén acompañaron ao Balonmán Xiria na presentación da Final 4 das ligas galegas ouro e prata alevín e benxamín de balonmán 5. No acto, celebrado pola tarde na casa do concello, tamén participou o presidente da Federación Galega de Balonmán, o carballés Bruno López.

A competición disputarase este sábado dende as 10.00 ata as 16.00 horas nos pavillóns Vila de Noia e Fogar. Na categoría alevín compiten Arteixo Restaurante Abuín, Pereiro CB Miño, Culleredo Mochever, Asmubal Meaño B, Colegio Liceo La Paz Verde, Fuchela Carballiño, Ribadosar e Calmear Rasoeiro, e en benxamín, Luceros A, Atlántico, Colegio Liceo La Paz Verde, Abegondo Súmate, Domusvi Lalín, Valinox Novás, ademais dos anfitrións, Maquisaba Xiria A e Maquisaba Xiria B.

As Escolas de Balonmán Xiria aproveitaron a presentación para agradecer o traballo do concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, durante os 16 anos que leva á fronte da área, e fixéronlle entrega dunha sudadeira do equipo.

Balonmán Xiria agradeceu o traballo de Marcos Trigo

Balonmán Xiria agradeceu o traballo de Marcos Trigo

Compartir: