Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

A participación de Gabriel Rodríguez Colferai no Campionato de Europa Júnior por Nacións completa a excepcional temporada do Sysca

O club carballés conseguiu tres ouros nos campionatos de España e 16 nos ga-legos, ademais de proclamarse campión galego na liga cadete-xuvenil

Luns 21 de agosto do 2023

A participación de Gabriel Rodríguez Colferai no Campionato de Europa Júnior por Nacións, que se disputa ata o día 27 en Polonia, pon a guinda á excepcional temporada realizada polo Sysca, que vén de ser recoñecida polo Concello de Carballo cunha recepción oficial do alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez. Xunto aos e ás deportistas estiveron o presidente do club, Marcos Puñal, e o director técnico deportivo, Diego López.

O club carballés conseguiu este ano tres ouros e dúas pratas nos campionatos de España e 16 ouros nos galegos, e ademais proclamouse campión galego da liga cadete-xuvenil. A todos os trofeos e medallas sumouse o carballo de Sargadelos que lles entregou o alcalde. Aquí tedes o resumo dunha temporada excepcional:

  • Liga alevín infantil: 3º clasificado
  • Liga cadete-xuvenil: campións galegos
  • Liga absoluta 1ª división de piscina: subcampións galegos
  • Liga absoluta praia: 3º clasificado

Campionatos de España de piscina

Campionato de España infantil-cadete de primavera:

  • cadete feminino: 7º
  • cadete masculino 12º
 . Campionato de España xuvenil, júnior e absoluto:
  • xuvenil: 14º posto
  • xuvenil feminino: 6º posto
  • júnior:campións de España
  • júnior masculino: subcampións de España
  • júnior feminino:  3º posto
 . Campionato de España máster:
  • clasificación xeral: 15º

Campionatos de España de praia

Campionato de España infantil-cadete:

  • infantil: 8º
  • infantil masculino: campións de España
  • cadete: 8º
  • cadete masculino: 8º
  • cadete feminino: 11º
 Campionato de España xuvenil-júnior:
  • xuvenil: 7º
  • xuvenil feminino: 13º
  • xuvenil masculino: 4º
  • júnior: subcampións de España
  • júnior feminino: 5º
  • júnior masculino: campións de España

Campionatos galegos de piscina

Campionato galego de inverno alevín-infantil

  • clasificación xeral: 3º
  • alevín: 3º
  • alevín feminino: subcampioas galegas
  • alevín masculino: 5º
  • infantil: 4º
  • infantil masculino: campións galegos
  • infantil feminino: 10º
 Campionato galego de inverno cadete-xuvenil:
  • clasificación xeral: campións galegos
  • cadete: campións galegos
  • cadete feminino: campioas galegas
  • cadete masculino: 4º
  • xuvenil: subcampións galegos
  • xuvenil feminino: campións galegos
  • xuvenil masculino: 6º
 Campionato galego de inverno júnior absoluto:
  • clasificación xeral: campións galegos
  • absoluto: subcampións galegos
  • absoluto feminino: subcampioas galegas
  • absoluto masculino: campións galegos
  • júnior: campións galegos
  • júnior feminino: campioas galegas
  • júnior masculino: campións galegos
Campionato galego máster de inverno:
  • clasificación xeral: 3º
  • máster feminino: subcampioas galegas
  • máster masculino: 4º

Campionatos galegos de praia

Campionato galego de praia alevín:

  • clasificación xeral: 4º
  • alevín feminino: subcampioas galegas
  • alevín masculino: 5º
 Campionato galego infantil-cadete de praia:
  • clasificación xeral: 3º
  • infantil: 5º
  • infantil masculino: campións galegos
  • cadete: 3º
  • cadete feminino: 4º
  • cadete masculino: 3º
 Campionato galego xuvenil-júnior de praia:
  • clasificación xeral: campións galegos
  • xuvenil: 3º
  • xuvenil feminino: subcampioas galegas
  • xuvenil masculino: 3º
  • júnior: campións galegos
  • júnior feminino: campioas galegas
  • júnior masculino: campións galegos
 Campionato galego absoluto de praia:
  • clasificación xeral 3º
  • absoluto masculino: campións galegos
  • absoluto feminino: 3º

Compartir: