Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O Concello de Carballo realiza un investimento de máis de 460.000 euros na mellora das instalacións deportivas

Adxudicadas as obras de construción de graderío e espazos anexos no campo de fútbol do Carral

Martes 19 de setembro do 2023

Pavillón Carballo Calero

Pavillón Carballo Calero

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de máis de 460.000 euros na mellora das instalacións deportivas.

Pavillón Vila de Noia

Pavillón Vila de Noia

Por unha banda, dentro do contrato de obra e subministro de equipamento deportivo, ao que destinamos 163.189,21 euros, xa están en servizo, por exemplo, os novos vídeo marcadores dos pavillóns Vila de Noia e Carballo Calero. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, acompañados por técnicos municipais, puideron comprobar o funcionamento dos novos equipos e o altísimo nivel de uso que teñen as dúas instalacións grazas á gran actividade que desenvolven as entidades deportivas do concello.

Dentro do mesmo proxecto figuran outras melloras como a plataforma de saída para competicións de natación na piscina Carballo Calero ou o elevador portátil para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder ao vaso, como xa pode facerse. Nos pavillóns e campos de fútbol mellorarase tamén o equipamento con bancadas, cadeiras para xuíces árbitros de voleibol, porterías de fútbol sala, fútbol 7 e balonmán e canastras de baloncesto. E dentro do mesmo proxecto figura a construción dun almacén nas Eiroas.

No complexo deportivo Carballo Calero tamén está previsto cambiar as portas e as varandas das gradas. O pavillón vén de ser adaptado provisionalmente para que o equipo sénior de Escola Lubiáns poida xogar na OK Liga Prata, pero nos vindeiros meses acometerase a solución definitiva. O proxecto conta cunha consignación de 292.000 euros con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais que se incorporou ao orzamento no pleno de xullo.

Campo de fútbol do Carral

Dentro das obras destinadas a mellorar os equipamentos deportivos municipais figura tamén a construción de gradas e espazos anexos no campo de fútbol do Carral, en Sofán, cun orzamento de 297.568,21 euros. As obras veñen de ser adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia, e o prazo de execución é de catro meses.

A actuación pretende dar resposta ás necesidades dos usuarios. Con esa finalidade, a grada actual será substituída por outra de maior capacidade e con espazos anexos debaixo: sala de reunións e para o labor administrativo do club, lavandería e ximnasio.

Compartir: