Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

O Trofeo Concello de Carballo reúne este sábado a máis de 200 promesas do ciclismo do noroeste peninsular

Ademais dos equipos galegos participarán o leonés de Bembibre e a Selección portuguesa júnior féminas

Mércores 22 de maio do 2024

O Trofeo Concello de Carballo reunirá este sábado en Carballo á canteira do ciclismo. A proba organizada polo Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino, é unha as catro que puntúan para a Copa Galicia do Porvir, e ten confirmada a presenza dos equipos galegos, do leonés de Bembibre e da Selección portuguesa júnior féminas, polo que se superarán os/as 200 participantes.

A presidenta do Club Ciclista, Vanesa Loureiro; o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron a competición, que se desenvolverá do seguinte xeito:

  • 16:00 horas. Cadetes. Proba en estrada: 52,9 km, con saída da avenida da Milagrosa cara Coristanco – Rus – Carballo (2 voltas) e na 3º volta Coristanco – Rus – Artes e Carballo. Esta proba conta con dous premios especiais: Premio de Montaña en A Pifaina e Premio de Metas Voantes – Panadería Añón.
  • 17.45 horas. Xincana na pista deportiva da Milagrosa
  • 18:00 horas. Alevíns. 5 voltas ao circuíto (5,5 km en total)
  • 18:30 horas. Infantís. 11 voltas ao circuíto (12,1 km)
  • 19:00 horas. Infantís categoría feminina (mínimo 10 participantes). 11 voltas ao circuíto (12,1 km)
  • 19:30 horas. Promesas e principiantes. 1 volta ao circuíto (1,1 km)
  • 20.00 horas. Entrega de trofeos 

As probas de escolas disputaranse nun circuíto urbano de 1,1 quilómetros que percorre as rúas Avenida da Milagrosa, Concordia, Montero Ríos, Salvador de Madariaga e Avenida da Milagrosa.

O Club Ciclista Carballo conta coa colaboración de Protección Civil de Carballo e Coristanco, Policía Local de Carballo e Coristanco, Garda Civil e preto de 30 persoas voluntarias. Na folla de ruta que acompaña esta información atoparedes horarios, percorridos e todos os detalles técnicos sobre a proba, que reunirá este sábado en Carballo a máis de 200 mozos e mozas que representan o futuro do ciclismo galego.

Non perdades o espectáculo!

Descargas

Compartir: