Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

12, 13 E 14 DE XULLO

O circuíto de Carballo bate o récord de participación do Campionato de España de Autocross 2024

116 pilotos ofrecerán un gran espectáculo nas probas que se disputarán esta fin de semana

Mércores 10 de xullo do 2024

De esquerda a dereita, Daniel Pérez, Antonio Leira, Juan Esteve, Evencio Ferrero, Roberto García, Ernesto Rumbo e Luis Lamas

De esquerda a dereita, Daniel Pérez, Antonio Leira, Juan Esteve, Evencio Ferrero, Roberto García, Ernesto Rumbo e Luis Lamas

Por primeira vez no que vai de tempada, o Campionato de España de Autocross, CEAX Goldspeed, superará os cen participantes. Un total de 116 pilotos están inscritos para a carreira que se disputará esta fin de semana en Carballo, a cuarta do calendario e a primeira das dúas previstas en Galicia. Presentámola este xoves, nun acto no que participaron o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez; Ernesto Rumbo, en representación de Rally Club Coruña; o vogal responsable de relacións institucionais da Federación Española de Automobilismo, Juan Esteve; o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira; o delegado provincial de Deportes da Xunta, Roberto García, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

A proba, organizada polo Club Rally Coruña, contará cun magnífico plantel en División I, na que destaca o regreso de Tito Rodríguez, gañador o ano pasado no trazado da parroquia de Bértoa. Na División II, a outra de turismos, Gabriel Serrano parte como favorito cunha bagaxe de sete vitorias, récord ata o de agora no noso circuíto. Na División Buggy e nas tres de Car Cross, as de Carballo serán as parrillas máis numerosas da temporada.

Os líderes provisionais son Roberto Martínez e Rafael Gallardo, empatados a puntos na División I; Jonathan Vázquez na División II, Carlos Hernando en Buggy, Iortiz Zalloetxevarria en Car Cross, Aleix Costa en Car Cross Junior y Quim González en Car Cross Series.

A zona do Rego da Balsa acollerá as verificacións técnicas e administrativas ao longo da xornada do venres 12, polo que haberá zonas de estacionamento fóra de servizo. O sábado, a partir das 12.00 horas, disputaranse as mangas clasificatorias, e o domingo serán as finais, que poderán seguirse en directo por YouTube. Tedes o enlace e toda a información sobre a carreira máis abaixo.

Ligazóns

Vídeos

Compartir: