Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

SÁBADO 7 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN VILA DE NOIA

A xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU reunirá en Carballo a 250 deportistas

Xoves 5 de decembro do 2024

Carballo acolle esta fin de semana a xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU, que reunirá no noso concello a 250 deportistas de toda Galicia. O club Chong, que exerce como anfitrión, contará con 57 representantes nas diferentes categorías, con idades que abranguen desde os seis ata os 29 anos.

Álex Trigo, Agustín Trigo e Fernando Abelenda, en representación do club, e Maruxa Suárez e Miguel Vales, do Concello de Carballo, presentaron este xoves o cartel do evento, que contribuirá a reforzar a intensa actividade prevista para esta ponte no noso concello. Nese sentido, o acceso á competición, que se desenvolverá de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no pavillón Vila de Noia, será libre. O espectáculo está garantido, xa que o público poderá ver en acción a taekwondistas de diferentes idades competindo nas modalidades de tul, combates e técnicas especiais.

As outras dúas xornadas da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU disputaranse na no 2025 nos concellos de Ordes e Noia.

Compartir: