Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

Recepción na Alcaldía a Mauro Montero, campión de Europa sub 20 e do Euro Hand 4 All coa selección española de balonmán

Xoves 26 de decembro do 2024

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofreceu hoxe unha recepción a Mauro Montero, fisioterapeuta da selección española de balonmán, coa que vén de acadar neste 2024 o Campionato de Europa sub 20 e o Euro Hand 4 All, que cada ano congrega aos mellores equipos do mundo de balonmán en cadeira de rodas.

A estes dous recentes títulos súmanse moitos máis, tanto a nivel nacional coma internacional. Nos últimos anos Mauro Montero acadou un bronce o Europeo sub 19 (2021), proclamouse campión de Europa e do Mediterráneo (2022) e campión do mundo sub 19 (2023).

Mauro Antonio Montero Suárez, carballés nado en 1982, ten unha forte vinculación co balonmán como xogador, árbitro e fisioterapeuta. Hoxe recibiu o recoñecemento do alcalde e do concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, pola súa traxectoria. Ademais de asinar no Libro de Honra do Deporte Carballés, Mauro Montero recibiu como regalo un pisa-papeis co skyline de Carballo, e, pola súa banda, agasallou ao alcalde cunha camiseta da selección personalizada e dedicada.

Compartir: