PRESENTACIÓN
Presentación do programa do 2024, xunto á Píllara de Razo
Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa e con novos colectivos e persoas que comparten o mesmo obxectivo. De feito, tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización dos recursos costeiros co convencemento de que canto máis se coñeza, máis se vai respectar. O resultado é o programa de actividades que podes ver de seguido.
PROGRAMA 2024
A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.
XULLO
- DÍA 3 _ INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA, A PÍLLARA
- DÍA 6 _ RUTA POLOS "CONTOS MARIÑOS DE CARBALLO", CON XABIER MACEIRAS. TREITO 1: FURNA FURADA-PEDRA DO SAL
- DÍA 10 _ EXPLORANDO AS POZAS DAS MAREAS EN RAZO
- DÍAS 13 E 14 _ OBRADOIRO DE PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS
- DÍA 17 _ OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS
- DÍA 20 _ LIMPEZA COLECTIVA DA MARISMA DE BALDAIO
- DÍA 24 _ A NOITE DAS AVELAIÑAS EN BALDAIO
- DÍA 27 _ FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES en BALDAIO
- DÍA 31 _ OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA EN BALDAIO
AGOSTO
- DÍA 3 _ RUTA NOCTURNA AO MONTE NEME e ASTRONOMÍA CO PROFESOR JORGE MIRA.
- DÍA 7 _ PEKEOLIMPIADAS NA AREA de RAZO
- DÍA 10 _ SIMULACRO DE SALVAMENTO en RAZO
- DÍA 14 _ PEKEOLIMPIADAS NA AREA DE BALDAIO
- DÍA 17 _ CAMIÑANDO A RAZO
- DÍA 21 _ RUTA PARA COÑECER OS SEGREDOS CULTURAIS E PATRIMONIAIS DA NOSA COSTA
- DÍA 24 _ RUTA XEOLÓXICA POLA COSTA DE CARBALLO
- DÍA 29 _ XORNADA DE ELIMINACIÓN DE INVASORAS EN LEIRA
- DÍA 31 _ INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DE NATUREZA EN BALDAIO
SETEMBRO
- DÍA 4 _ “OCÉANOS, BASURAS MARIÑAS E ECONOMÍA CIRCULAR” MARES CIRCULARES COCA-COLA. Antonio Castro, director de proxectos de Chelonia
- DÍA 7 _ RUTA POLOS "CONTOS MARIÑOS DE CARBALLO", CON XABIER MACEIRAS. TREITO 2: PEDRA DO SAL-RAZO
PEKEOLIMPIADAS RAZO-BALDAIO
Unha das novidades deste ano son as I Pekeolimpiadas na area de Razo e Baldaio, que terán lugar os días 7 e 14 de agosto.
Se tedes menos de 14 anos e xuntades un grupo de 5 amigos/as poderedes participar nesta competición, que terá a primeira eliminatoria o día 7 de agosto. O día 14 coñeceremos aos primeiros/as gañadores/as desta competición.
SUBIDA A MONTE NEME E ASTRONOMIA CON JORGE MIRA
Este ano temos unha interesante novidade na subida nocturna a Monte Neme que coordina Senda Nova, xa que contaremos coa presenza do profesor Jorge Mira, que nos dará unha clase maxistral sobre astronomía.
OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS
O artista plástico e crebeiro Nando Lestón impartirá o día 17 de xullo un obradoiro no que se transformarán residuos recollidos na praia en obxectos que vas a poder agasallar, e ademais encargarase de elaborar os trofeos que se entregarán nas Pekeolimpiadas na Area.