Eu quero Razo Baldaio

Iniciación á ornitoloxía, a píllara

Mércores 3 de xullo do 2024 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio

A píllara está en cría nos meses de verán, por iso debemos coñecela para así aprender a coidala.

Explorando as pozas da marea en Razo

Mércores 10 de xullo do 2024 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Razo

As crianzas poderán percorrer as pozas da praia acompañadas de monitores que lles informarán do que están vendo e tamén de que todos os seres vivos deben ser coidados.

Eu quero Razo Baldaio

Obradoiro de pegadas e indicios nos camiños

Do sábado 13 de xullo ata o domingo 14 de xullo do 2024 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza

No noso bosque de ribeira aprenderás a saber cales son os indicios e as pegadas dos animais que se moven por el.

Obradoiro de agasallos con crebas

Mércores 17 de xullo do 2024 Praia de Razo, campo da píllara

As familias asistentes poderán realizar amuletos, xoias ou outro tipo de agasallos coas crebas recollida na praia, un xeito de valorizar o que pensamos que é un residuo.

Limpeza colectiva das praias de Razo e Baldaio

Limpeza colectiva da marisma de Baldaio

Sábado 20 de xullo do 2024 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Baldaio

Xornada para concienciar á cidadanía da problemática do lixo mariño, os plásticos no mar e nomeadamente os microplásticos.

Eu quero Razo Baldaio

A noite das avelaíñas en Baldaio

Mércores 24 de xullo do 2024 De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio

Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.

Pekeolimpiadas na Area de Razo

Do mércores 7 de agosto ata o mércores 14 de agosto do 2024 De 10.30h a 13.30h na Praia de Razo

Si xuntas un grupo de 5 amigos/as poderás participar nesta competición que terá a primeira eliminatoria este mesmo día.

Simulacro de Salvamento en Razo

Sábado 10 de agosto do 2024 De 10.30 a 13.30h na Praia de Razo

O servizo de salvamento e socorrismo de Carballo é exemplar, por iso este día poderemos ver todo o seu potencial

Compartir: