Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Desde o ano 2005 convócase, en colaboración con diversos medios de comunicación escritos, un premio a artigos de opinión sobre o galego, cos obxectivos de incentivar a reflexión sobre a situación social da lingua, crear espazos nos medios para fomentar o galego e promover o seu uso na prensa escrita.
O premio consta dunha contía económica e a publicación do artigo gañador en todos os medios colaboradores.
Ata o momento foron premiados e publicados traballos de:
- Xurxo Carballido: "A lingua galega na boca dos novos galegos"
- Olga Patiño: "Avó, avó! Vin o arco da vella"
- Ana Barreiro: “Sinfonía en galegomaior”
- Ramón Vilar: “Un idioma na cetaria”
- Miguel Mosquera: “Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades”
- Séchu Sende: “Guía Sexual da Sociolingüística”
- Kiko Novoa: “Carta dun trífido esquizoide”
- Xesús Fraga: “A bendita intranscendencia do pop”
- Pilar G. Negro: “A nena que berra”
- Marica Campo: “A procura do tesouro”
- Marcos Abalde: “Empoderármonos”
- Diego Giráldez: “Gas”
- Carlos Callón: “Fai teu o galego!”
- Alba Cid: “El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi...”
- Mariña P. Rei: “O ‘sotaque’de Aurelia”
- José Casás: “Os Exemplos”
- Luz Cures: "Etiquetaxe"
- Borxa González Tenreiro: "Non por min; por eles"
- Iria Veiga: "Inchazón"