Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

A Concellaría de Bibliotecas organiza un taller de ilustración, caricatura, manga e humor gráfico para maiores de 11 anos

Desenvolverase entre marzo e abril na biblio da rúa San Xoán e xa está aberto o prazo de inscrición no 981 704 041 ou en bibliotecarballo@carballo.gal

Luns 19 de febreiro do 2024

A Concellaría de Bibliotecas pon en marcha na biblioteca da rúa San Xoán Bautista unha nova actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 11 anos e tamén a persoas adultas que queiran iniciarse no mundo da creación plástica. Mon Lendoiro e Cristina Castro, do Estudo Garabato, impartirán ao longo dos meses de marzo e abril un obradoiro de ilustración, caricatura, manga e humor gráfico no que seguro que descubriremos novos valores artísticos.

Se queres participar non agardes máis. Envía os teus datos a bibliotecacarballo@carballo.gal ou chama ao 981 704 041, onde tamén podes solicitar máis información sobre o proxecto. As prazas son limitadas e a participación é de balde e inclúe tamén os materiais necesarios para o taller. As sesións serán os sábados de 10.00 a 13.30 horas.

Anímaste?

Este é o programa:

  • 2 de marzo: A ilustración
  • 9 de marzo: A caricatura
  • 16 de marzo: O collage
  • 23 de marzo: O humor gráfico
  • 30 de marzo: A ilustración infantil
  • 6 de abril: Construíndo personaxes
  • 13 de abril: O cómic europeo e o manga
  • 20 de abril: A caricatura dixital. Entrega de diplomas

Compartir: