Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.30-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

MercaEscola entra na súa recta final cunha charla de Alfonso Mariño coincidindo coa Semana Europea contra o Cancro

As persoas que participan nesta primeira aula de formación para adultos realizaron a semana pasada unha visita a Sogama e unha ruta polo ciclo da auga

Luns 27 de maio do 2024

Imaxe da visita ao ciclo da auga

Imaxe da visita ao ciclo da auga

Despois dunha semana moi intensa, que incluíu unha visita ás instalacións de Sogama en Cerceda e unha ruta guiada por Gestagua desde a captación do río Bardoso ata a depuradora da Cepeira, o alumnado de MercaEscola encara a recta final desta primeira aula de formación para adultos, na que participan máis de trinta persoas.

Nas actividades da semana pasada, os alumnos e alumnas estiveron acompañados polo concelleiro Miguel Vales, na visita a Sogama, e por Ramón Varela e Maruxa Suárez no percorrido polo ciclo da auga.

Este xoves 30, coincidindo coa Semana Europea contra o Cancro, que se celebra todos os anos do 25 ao 31 de maio, recibiremos a visita de Alfonso Mariño, director médico do Centro Oncolóxico de Galicia. E o 6 de xuño remataremos MercaEscola coa cuarta e última das charlas informativas ofrecidas polo Instituto Galego de Consumo nas últimas semanas, nesta ocasión para falarnos sobre consumo responsable e decisión de compra. En ámbolos casos, as sesións comezarán ás 17.00 horas.

MercaEscola inclúe un total de 13 actividades repartidas en tres bloques: consumo, saúde e medio ambiente. A falta das valoracións finais, a acollida a todas as actividades está sendo moi boa.

Compartir: