FOMENTO DO COMERCIO
O Goberno local asina mañá un novo convenio co Centro Comercial Aberto de Carballo
Xoves 27 de marzo do 2008
Representando ao Goberno Local estarán presentes o alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Econónica, o tamén nacionalista Xosé Manuel García Guillín. Por parte do CCA de Carballo asistirá á sinatura do convenio o seu presidente, Jaime Viqueira.
O acordo que se suscribirá mañá terá unha vixencia bianual e será o terceiro que asinen ambas as dúas institucións. Anteriormente, xa se asinara un dunha vixencia de catro anos e outro de dous. García Guillín explica que a través do convenio "preténdese dinamizar e consolidar o comerc io de Carballo".