Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Polígono de Bértoa acolle o...

DE 10.00 A 22.00 HORAS

O Polígono de Bértoa acolle o sábado 20 de agosto o III Circuíto BTT 12 horas de Carballo

Mércores 17 de agosto do 2011

Está previsto repartir agasallos entre os clasificados nos seguintes postos: primeiro, segundo e terceiro de categoría individual; primeiro, segundo e terceiro de categoría por equipos de 2 membros; primeiro, segundo e terceiro de categoría por equipos de 3 membros; primeiro, segundo e terceiro de categoría por equipos de 4 membros; volta rápida en categorías masculina e feminina. Cada volta será controlada por chip individual que se recollerá ao inicio da proba. O chip deberá ser devolto de forma obrigatoria ao remate da proba. Así mesmo, cada corredor será independente dentro do circuíto, e deberá levar o seguinte equipamento durante a carreira: casco regulamentario obrigatorio; bicicleta en bo estado; mochila de hidratación ou bote de auga; cámara e ferramentas (recomendable); teléfono móbil (recomendable). Os interesados e interesadas en obter aínda máis información poden tamén facelo na páxina web de Magma Sports, entidade organizadora da cita, premendo aquí. É posible, así mesmo, descargar o cartel anunciador da proba en formato pdf nesta mesma nova.

Compartir: