Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xogadores de toda Galicia ou incluso de Brasil...

DOMINGO 21 DE AGOSTO A PARTIRES DAS 11.00 HORAS

Xogadores de toda Galicia ou incluso de Brasil participan no IV Torneo de Volei Praia Concello de Carballo

Venres 19 de agosto do 2011

Hai que lembrar que, xunto coa celebración dos torneos de volei praia (un deles xa se ten disputado o 6 de agosto) a praia de Razo acolle a diario as Escolas de Véran de Volei Praia. Esta actividade, totalmente gratuíta, desenvólvese na explanada entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 16.00 a 20.00 horas de luns a domingo, sempre e cando o tempo o permita. Para participar, tan só hai que inscribirse nas pistas de volei praia situadas na explanada e seguir as indicacións do persoal responsable. Ademais, este ano, como novidade, cada día desenvólvense as Pequescolas, de 17.00 a 18.30 horas, destinadas a nenos e nenas de ata 9 anos, que deberán contar coa supervisión dalgún adulto. O obxectivo é inicialos na práctica do volei ademais de fomentar a educación medioambiental co coidado da praia, e os xogos con materiais diversos (como paracaídas, indiaca, frisbi, etc.), xogos de pistas, cancións, carreiras de relevos, xogos populares, futbolei ou palas. As actividades teñen lugar nun recinto menor que o dos maiores, especialmente adaptado para esas idades. Os obxectivos xerais da celebración das Escolas e os Torneos de Volei Praia inclúen fomentar actividades deportivas e saudables na praia, incitar a un uso correcto e saudable do tempo libre e de ocio, fomentar a socialización e o compañeirismo entre os asistentes, realizar actividades lúdicas de cara aos nenos e nenas máis pequenos para así fomentar a actividade física e o deporte, valorar o deporte como unha actividade que se pode practicar en calquera lugar e en calquera momento, promover os valores e calidades da Praia de Razo como espazo de ocio, tempo libre e de riqueza medioambiental.

Compartir: