Inicio Carballo ao día Hemeroteca Turismo estudará que a Ruta das...

O CONCELLO PIDE O REMATE DO ROTEIRO CICLOTURÍSTICO CARBALLO-RAZO

Turismo estudará que a Ruta das Férvedas forme parte dunha rede de centros de bicicleta BTT de Galicia

Sábado 20 de agosto do 2011

A xuntanza tamén serviu para informar dos obxectivos xerais do Concello de Carballo na área de turismo, entre os que está fomentar a imaxe de Carballo como "moito máis que a cidade da Costa da Morte". Carballo xa se coñece como cidade dinámica, de amplos servizos e actividade cultural, cun comercio e feiras de referencia; pero tamén é necesario dar a coñecer os seus excepcionais recursos naturais. Para iso cómpre desenvolver campañas de comunicación pero tamén crear produtos turísticos. Así, aproveitando que o municipio xa conta cunha Ruta das Férvedas homologada, sería convinte elaborar unha ruta urbana na capital municipal que ligara cunha ruta ciclo-turística que chegara ata Razo. Dese xeito, Carballo contaría cunha verdadeira ruta moi atractiva para turismo de bicicleta de montaña, turismo activo, de sendeirismo, para probas deportivas de duatlón ou triatlón, etc. Outro dos obxectivos do Concello é favorecer convenios con outros municipios, especialmente os costeiros de Malpica e A Laracha, para crear rutas litorais que atravesen estes concellos. Por último, o Concello de Carballo apoia a creación dun Consorcio de Turismo para a Costa da Morte, un organismo que facilite a dinamización deste ámbito e que facilite a creación de iniciativas entre os distintos concellos da comarca.

Compartir: