Inicio Carballo ao día Hemeroteca Avanzan as actuacións para rematar o...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Avanzan as actuacións para rematar o equipamento e os subministros das naves do complexo Fórum Carballo

Luns 29 de agosto do 2011

No apartado de contratación tamén hai que mencionar a aprobación do contrato administrativo de Subministro de catro copiadoras para as oficinas municipais do Concello de Carballo, cun prezo de licitación de 43.046 euros. No que respecta a subvencións, a Xunta de Goberno aprobou a solicitude á Consellería de Traballo e Benestar dunha relativa á contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2011 ao abeiro da Orde de data de 29 de xullo de 2011. Así mesmo, adxudicouse a subvención Carballo Activa, unha liña de apoio directo ás empresas como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais. Esta subvención trata de promover activamente a inserción do alumnado do Centro Municipal de Formación. Neste caso concedeuse unha axuda de 300,51 euros.

Por último, a Xunta de Goberno deu conta dun convenio de colaboracion coa FESAN (Fundación de Estudos e Análisis) para a realización de prácticas non laborais dentro do Plan AFD (Plan de Accións Formativas para Desempregados) no marco do servizo de axuda a domicilio do Concello; e tamén se designaron os representantes do Concello de Carballo na Comisión de seguimento do Convenio de colaboración para a mellora da seguridade viaria na Avenida de Malpica (convenio asinado en 2009 entre a extinta CPTOPT e o Concello), que serán o Alcalde, Evencio Ferrero; e o enxeñeiro técnico municipal. A sesión supuxo, así mesmo, a concesión de dúas licenzas de obra, seis licenzas de obra e apertura, dúas licenzas de ocupación e apertura e unha licenza de parcelación, ademais dun vao permanente.

Compartir: