Inicio Carballo ao día Hemeroteca A proba de Quadcross de Carballo incluída...

A CITA É O SÁBADO 3 DE SETEMBRO NO CIRCUÍTO DE BÉRTOA

A proba de Quadcross de Carballo incluída no Campionato Galego rexistra a inscrición máis alta de toda España

Martes 30 de agosto do 2011

Por parte do Concello, Marcos Trigo, responsable da área de Deporte, subliña que as probas de quad constitúen unha actividade consolidada no circuíto, nunha modalidade que gaña adeptos proba tras proba, chegando neste caso á número catro. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, lembrou que grande parte do éxito do circuíto reside na súa xestión, compartida entre as escudarías que organizan as probas e o propio Concello, sendo ao fin as instalacións "de quen as utiliza". Así mesmo, quixo subliñar o éxito de público do Dirt Track celebrado o sábado 27 de agosto, unha proba que foi posible tamén, segundo Ferrero, grazas á cadea de probas de motor que se veñen celebrando en Carballo dende a recuperación do Circuíto, converténdose o municipio, ano a ano, nun referente. Neste sentido, dende EcoQuad Galicia anunciaron a creación dun novo proxecto de cara a 2012 para seguir asentando o deporte do motor en Carballo. Tamén hai que lembrar que con este Quadcross Carballo colaboran a Federación Galega de Motor, a Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña e Carballo Deporte. A organización tamén quere agradecer a axuda da Escudaría Coruña e de Bergantiños Motor, ademais do Club Remontes 4x4, a Policía Local e Protección Civil.

Compartir: