Inicio Carballo ao día Hemeroteca A vaga de lumes que afecta á contorna da...

OS INCENDIOS CHEGAN A ÍNDICES PRÓXIMOS AOS DE 2006

A vaga de lumes que afecta á contorna da capital municipal, principal tema na xuntanza da Comisión Especial de Seguridade

Xoves 1 de setembro do 2011

A xuntanza da Comisión Especial de Seguridade tamén revisou as incidencias que se teñen producido neste ámbito no municipio dende xaneiro de 2011. Neste sentido, Regueira informa de que, no que se refire ao tráfico, así como a índices de delincuencia e de seguridade, os niveis son moi semellantes aos rexistrados outros anos por estas datas. En todo caso, os datos non estarán completos até a celebración da Xunta Local de Seguridade, cando a Garda Civil achega o seu balance. Durante a reunión falouse, así mesmo, dalgúns problemas puntuais que se teñen producido nos últimos tempos, como as agresións rexistradas nas festas de Sofán ou a desaparición dunha octoxenaria en Rus. Porén, Xosé Regueira subliña que nestes momentos a principal preocupación está centrada nos lumes, especialmente porque, dependendo da meteoroloxía, a campaña de incendios podería continuar incluso ata o mes de outubro. En todo caso, a Policía Local e Protección Civil levan traballando todo o verán e aúnan esforzos nas tarefas de prevención e extinción. Por último, a reunión supuxo a constitución da Comisión Especial de Seguridade do novo mandato que acaba de principiar, na que, en representación dos grupos políticos están -ademais de Xosé Regueira polo BNG- José Antonio Viña, polo PSOE; Manuel Andrade, por TEGA; e José Lado Lamas, polo PP.

Compartir: