Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Parque do San Martiño acolle o I...

SÁBADO 3 E DOMINGO 4 DE SETEMBRO

O Parque do San Martiño acolle o I Concurso Nacional Canino no que participan arredor dun centenar de cans

Xoves 1 de setembro do 2011

No caso do Concurso de Mascotas do sábado, aberto para todo tipo de cans, haberá competición en catro categorías, pitufín, king kong, mister e miss (para os máis cativos, os maiores, e os máis guapos e guapas) e a inscrición é simbólica, de 3 euros. No resto das competicións e exhibicións, deberán abonarse as taxas correspondentes. A organización informa de que todos os animais que participen deben cumprir a normativa galega vixente en canto a vacinas e a documentación necesaria. Ademais, durante os dous días do concurso, os interesados e interesadas poden realizar recoñecementos de raza para cans sen pedigree, tamén abonando a taxa correspondente. Javier Dávila quixo agradecer a colaboración do Concello e de Almacéns Agro, ao igual que Roberto Pérez Ferreiro, xerente de Protección Verde, que presentaron esta cita en rolda de prensa xunto co axente comercial de Protección Verde, Alberto Bermúdez; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e a Tenente de Alcalde, Milagros Lantes. Trigo tamén dou as grazas porque a organización pensara en Carballo para celebrar esta cita singular, que espera "que se poida consolidar, estender e calar nos habitantes de Carballo de cara ao futuro". Hai que mencionar, así mesmo, que a cita coincide coa celebración das festas da Milagrosa.

Os interesados e interesadas en obter máis información sobre esta competición, poden consultar a páxina web de Expogal nesta mesma nova, onde haberá actualizacións sobre o concurso ao longo de toda a fin de semana e onde tamén é posible realizar a inscrición online.

Compartir: