Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle durante a fin de semana a fase...

SEMIFINAIS: SÁBADO 3 ÁS 20.00 HORAS

Carballo acolle durante a fin de semana a fase final da Copa Galicia de balonmán na que participa o Xiria

Venres 2 de setembro do 2011

No partido clasificatorio para a fase final da Copa Galicia 2011, o Calvo Xiria conseguiu pasar a ronda logo de derrotar ao Cisne na eliminatoria de cuartos nun partido sempre dominado polos carballeses, con rendas de entre 2 e 4 goles ata o minuto 10 da segunda metade, onde os xogadores do Xiria conseguiron abrir unha brecha que chegaría ata os 11 goles ao remate do encontro. O primeiro partido da presente campaña para o Calvo Xiria foi precisamente na Copa Galicia, coas dúas primeiras eliminatorias a partido único na casa do mellor clasificado a pasada campaña. A fase final (semifinais e final) xógase habitualmente no feudo do peor clasificado a campaña anterior de entre os catro semifinalistas, neste caso, o Xiria. A pesares de tratarse dunha competición oficial, os equipos adoitan tomar esta competición como partidos de pretempada e úsanos como preparación e rodaxe cara ao comezo da liga. Porén, a rivalidade entre os equipos e a ilusión de gañar na casa fará que o Xiria afronte os encontros coa máxima concentración e esperando ofrecer un bo espectáculo.

Os interesados e interesadas poden descargar nesta nova o cartel anunciador da cita en formato pdf.

Compartir: