Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello chega a un acordo para acondicionar un...

O NOVO ESPAZO CONTARÁ CON ARREDOR DE 150 PRAZAS

O Concello chega a un acordo para acondicionar un novo aparcadoiro público na contorna da rúa Perú

Luns 5 de setembro do 2011

A administración local ten realizado un labor de acondicionamento de novas zonas de aparcamento nos últimos meses, así como de regulamento das existentes nas rúas do centro carballés, co obxecto de facilitar tanto a actividade comercial como as xestións administrativas na capital municipal. O último espazo en incorporarse á rede de solares foi un terreo de 600 metros cadrados, nun espazo entre as rúas Río e Xirona, que está dispoñible dende o pasado mes de maio. Ademáis, favoreceuse a creación de prazas de estacionamento evitando a presenza de vehículos lapa -ou ventosa- que ocupan unha mesma praza incluso durante todo o día, grazas á zona azul. Así, o casco urbano conta con preto de 500 prazas de aparcamento regulado por zona azul, uns espazos que foron creados pouco a pouco dende o ano 2002, en que se acondicionaron as primeiras prazas na contorna da Praza do Concello para irse estendendo se xeito concéntrico a outras zonas da capital municipal, chegando á rúa Sol, á rúa Rosalía de Castro ou á Milagrosa. A zona azul limita o aparcamento nestas prazas a 90 minutos, e impide, unha vez rematado este tempo, que o usuario poda estacionar de novo noutra praza de zona azul situada a menos de 250 metros do lugar de chegada.

Compartir: