Inicio Carballo ao día Hemeroteca O VIII Torneo Internacional de Balonmán...

SÁBADO 10 E DOMINGO 11 DE SETEMBRO

O VIII Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo aglutina a equipos de referencia de España e Portugal

Mércores 7 de setembro do 2011

Respecto dos equipos que participan no Torneo, Fernando Vázquez subliña a "sorte" de poder contar coa presenza do Ademar de León, un equipo co que, a través da sinatura dun convenio, existe o compromiso de que disputen o torneo cada ano. Vázquez subliña a súa traxectoria, "chegando a fases finais de torneos nacionais" e "estando entre os catro ou cinco primeiros de España" nas categorías do torneo. De España engádese tamén o Grupo Astur BM, de onde teñen saído xogadores tan importantes como os irmáns Entrerríos, presentes na Liga Asobal ou na selección española. Dende Portutal cóntase coa participación do ABC Braga, que xa leva 3 ou 4 anos xogando o Torneo; e do Ada de Maia-Ismai, un club que aglutina varios deportes e que tamén participou nesta cita coa súa sección de balonmán hai uns catro anos.

O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitar ás Escolas de Balonmán Xiria "polo seu excelente traballo" a prol deste deporte e desexou que o espectáculo sexa tan bo como o que os afeccionados e afeccionadas desfrutaron na Copa Galicia, celebrada o 3 e 4 de setembro, e que congregou a numeroso público. Así mesmo, subliñou a importancia das Escolas de Balonmán, seguidas noutros moitos lugares de fóra de Carballo e que tamén realizan o seu labor como embaixadores da vila. Desexou que o público carballés desfrute do deporte cadete e xuvenil, que confirme o seu apoio nas bancadas e que os partidos sexan moi disputados, amosando a altísima calidade dos xogadores locais. Os interesados e interesadas poden consultar o cartel anunciador da cita e os horarios nesta mesma nova en pdf (nos cadros dos horarios onde pon día 11 enténdase día 10; onde pon día 12, enténdase día 11).

Compartir: