Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o expediente de contratación para...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o expediente de contratación para a construción dunha praza pública en Sofán

Luns 12 de setembro do 2011

Hai que lembrar que o POS 2011 suma unha achega dun total de 657.317,07 euros. Desta cantidade, un 74 por cento, 485.112,21 euros, destinarase á realización de varios proxectos no municipio, entre os que hai que subliñar a creación da Praza pública en Sofán, pero tamén a 'Mellora de capa de rodadura no lugar de O Añón, na parroquia de Berdillo', por 136.509,81 euros; a 'Mellora de capa de rodadura no lugar de Xoane, na parroquia de Goiáns' por 113.059,93 euros; e o proxecto técnico para a creación dunha 'Rede de saneamento e rede de abastecemento de auga en San Lois, na parroquia de Ardaña', cun investimento de 51.382,27 euros. O 26 por cento restante do POS, que ascende a 172.204,86 euros, destinarase a gastos correntes, centrados no mantemento dos accesos aos núcleos de poboación e das instalacións deportivas e na pavimentación de vías. Respecto a outros asuntos da orde do día, no apartado de convenios deuse conta dun acordo co Concello de Melide para prestar unha colaboración puntual da Policía Local; e aprobouse o acordo coa Asociación Cultural O Molete Psicopop para a organización do XIV Festival Xiria Pop. A sesión supuxo, así mesmo, luz verde para catro vaos permanentes, cinco licenzas de obra e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: