Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Xiria acada o 2º e 3º posto en...

A CITA FOI O SÁBADO 10 E DOMINGO 11 DE SETEMBRO

O Xiria acada o 2º e 3º posto en categorías xuvenil e cadete nun VIII Torneo Internacional de Balonmán que gañou o Ademar

Martes 13 de setembro do 2011

O torneo xogouse os días 10 e 11 de setembro nos pavillóns Vila de Noia e Carballo Calero da capital municipal e serviu, unha vez máis, para amosar o grande nivel das bases do balonmán carballés, enfrontándose a clubes importantes e acadando notables resultados. O VIII Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo está organizado polas Escolas de Balonmán Xiria coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, o Concello de Carballo, o Padroado Deportivo Municipal, a Deputación da Coruña e a Fundación Deporte Galego da Xunta. Tamén contou co patrocinio de Conservas Calvo, Ifegás Pereira, Casa Francisco e Feiraco. O carballés Bruno López, delegado da Federación; o Concelleiro de Deporte Marcos Trigo; e o presidente das Escolas, Álex Cousillas, entregadon os trofeos aos vencedores. Na imaxe pode observarse unha foto de grupo dos participantes do torneo. Os interesados e interesadas tamén poden consultar os resultados ao completo en varios documentos en pdf nesta mesma nova.

Compartir: