Inicio Carballo ao día Hemeroteca O festival Xiria Pop cumpre 14 anos de vida cun...

VENRES 16 E SÁBADO 17 DE SETEMBRO NA SALA DUBLÍN

O festival Xiria Pop cumpre 14 anos de vida cun cartel formado por oito grupos e dúas exposicións

Martes 13 de setembro do 2011

Respecto dos madrileños Los Imposibles, enmárcanse dentro da psicodelia e precisamente presentan e poñen á venda o seu último disco no marco do Xiria Pop. The Wellingtons ofrecen power pop chegado dende Australia e veñen de facer unha xira que os levou incluso ata Xapón. Os Feedbacks volven ao festival despois de telo visitado hai sete anos, e finalmente Walrus visitaron tamén o festival, neste caso o ano pasado, para facer unha substitución de última hora. Agora a organización quixo chamalos para que aparezan no cartel e abran as actuacións do sábado. Respecto das actividades paralelas, este ano hai previstas dúas exposicións. Así, repartida entre A Reserva e o Cosmic Pub, pode verse unha retrospectiva dos 25 anos da coñecida revista española Ruta 66. Unha mostra do traballo desta publicación plasmada en cartón pluma. Así mesmo, os interesados e interesadas poden ver no Café Valle Inclán "Extra, extra! Read all about it", unha mostra das revistas favoritas de Alex Cooper (autor do libro "Club 45") da era pop dos anos 60, escollendo 25 publicacións das editadas naqueles anos. Ademais, está previsto que o propio Alex Cooper actúe como Dj o sábado 17 despois das actuacións dos grupos.

O Xiria Pop está organizado pola Asociacón O Molete Psicopop, que preside Xavier Graña, e conta coa colaboración do Concello de Carballo, unha colaboración que vén de plasmarse na sinatura dun convenio que, segundo a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, forma parte da vontade do Concello de promocionar a música, apoiar ás asociacións nas súas actividades e de ofrecer un programa cultural variado e para todos os públicos. Graña e o Alcalde, Evencio Ferrero, asinaron o acordo que permite a celebración do festival, que tamén conta co apoio da Deputación da Coruña e da Radio Galega a través de Estudio 3. Na presentación do Xiria Pop tamén estivo a Concelleira de Mocidade, Silvana Castro. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador do festival en pdf nesta mesma nova.

Compartir: