Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta Local de Seguridade transmitiulle...

REUNIÓN CELEBRADA O MÉRCORES 14 DE SETEMBRO

A Xunta Local de Seguridade transmitiulle á Delegación do Goberno as preocupacións veciñais rexistradas nos últimos meses

Mércores 14 de setembro do 2011

Regueira tamén explica que, aínda que algúns índices teñen aumentado, como os furtos, noutras problemáticas téñense producido descensos, como no que se refire aos casos de violencia, polo que os niveis de seguridade son similares aos de balances realizados con anterioridade. Estiveron presentes na xuntanza o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Subdlegado do Goberno na Coruña, Xosé Manuel Pose Mesura; Ana Lado Eirís, en representación da Delegación Provincial da Xunta; a Tenente de Alcalde do Concello, Milagros Lantes Seara; o Concelleiro de Réxime Interior e Seguridade, Xosé Regueira; o Xefe da Policía Local, Constantino Vázquez; o responsable de Protección Civil do Concello; Francisco Javier Souto Facal; Benedicto González Delgado, Coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña; José Pastor del Castillo, Xefe Provincial de Tráfico da Coruña; Rodrigo García de la Rosa e Isidro López Sánchez en representación da Garda Civil de Carballo; Francisco Javier López Dopico, en representación da Garda Civil de Tráfico da Coruña; e José Lado Lamas, concelleiro do Partido Popular. Ademais da valoración da seguridade cidadá no termo muncicipal e a dación de conta do informe da última xuntaza da Comisión Especial de Seguridade Cidadá, a orde do día incluíu a adaptación ao novo regulamento da Xunta Local de Seguridade e unha rolda de intervencións.

Compartir: