Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a chegada da segunda etapa da...

A SAÍDA É NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

Carballo acolle a chegada da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia o sábado 17 de setembro

Xoves 15 de setembro do 2011

Así mesmo, o interese turístico das localizacións fai que sirvan de escaparate para promocionar a Volta a nivel non só nacional senón tamén internacional. Respecto dos percorridos do resto das etapas da Volta, a rolda galega arrinca en Ferroltera, xa que a primeira fase disputarase o 16 de setembro e ten inicio e fin no concello de Narón. Nesta primeira xornada os ciclistas terán que subir o alto da Pereiruga que dará o primeiro líder da montaña. A terceira etapa que se desenvolve o día 18 de setembro pretende ser unha homenaxe a unha das probas máis antigas do ciclismo galego, o gran Premio Ciclista de Setembro, que se celebra en Cuntis tradicionalmente nesta data. A carreira discorrerá polas beiras do río Umia, desde o seu nacemento ata o embalse de Paradivas e Caldas de Reis, e visitará os concellos de Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Valga e A Estrada. A organización confía en que a cita mobilice a moitos afeccionados a este deporte, ademais de ser unha cita que contribúa a difundir o ciclismo, que en Carballo conta cun grande número de seguidores e con varios clubs, ademais dalgunha proba singular.

Características da etapa


A saída da 2ª etapa da Volta a Galicia está prevista para as 14.00 horas, mentres que a meta en Carballo, na Praza do Concello, espérase para as 17.30 horas, aproximadamente. Ten 137 quilómetros e o Concello de Camariñas aproveitará a xornada para celebrar o Día da Bicicleta. O percorrido é duro, con pasos de montaña e repeitos selectivos, pasando polos seguintes núcleos: Camariñas - Ponte do Porto - Berdoias - Vimianzo - Cabana de Bergantiños - Ponteceso - Agualada - Carballo - Buño - Carballo - Ponteceso - Malpica e Carballo. A etapa conta con dous altos puntuables para a montaña, un en Boaño no quilómetro 44, e outro en Silvarredonda, no quilómetro 71. Así mesmo, hai dúas metas volantes: unha en Vimianzo e outra no primeiro paso por Carballo, na rúa Fomento. Os interesados e interesadas en consultar polo miúdo o percorrido da etapa, así como un mapa de situación, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: