Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía Teatro de Marionetas do...

VENRES 21 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

A compañía Teatro de Marionetas do Porto presenta no FIOT unha versión de "Alicia no país das marabillas"

Luns 19 de setembro do 2011

Especialistas en experiencias experimentais cos monicreques, Teatro de Marionetas do Porto procura innovar e encontrar novas formas de concibir e manipular os bonecos, mesturando toda esta técnica con outras disciplinas como a danza, as artes plásticas e a música. Non é a primeira vez que abordan o universo fantástico e poboado de delirio do diácono anglicano, fotógrafo e celebrado profesor de matemáticas de Oxford, Charles Dogson, mais coñecido como Lewis Carroll. Os personaxes das historias de Alicia libéranse do xogo da linguaxe e emerxen nunha dimesión onírica. Personaxes que son como cartas que Carroll xoga, inconscientemente, no seu xogo de amor con Alicia. Teatro de Marionetas do Porto constituíuse en 1988 e, nunha primeira fase, centra a súa actividade na creación de espectáculos que resultan da busca e recuperación do patrimonio popular. A partir destas raíces, a compañía comeza a acadar un certo ton experimental, procurando elementos da modernidade da marioneta. Ate o de agora teñen presendo 35 espectáculos, tanto para público adulto como mozo.

Xuntanza de voluntariado

Na anterior edición do FIOT iniciouse con moito éxito unha campaña de captación de voluntarios para colaborar nas actividades do Festival, co afán de implicar ao tecido social e aos afeccionados ao teatro na súa organización e desenvolvemento. O resultado foi a formación dun equipo dinámico e competente que facilitou que as diversas actividades do FIOT se puidesen levar a cabo de forma óptima. Dado o grao de implicación do equipo formado no 2010, e tendo en conta que o FIOT vai medrando cada ano e a súa organización vai adquirindo unha maior complexidade, nesta edición lánzase novamente a convocatoria para os colaboradores voluntarios que desexen unirse ao equipo de traballo xa consolidado. O seu labor será o de colaborar, en función da súa dispoñibilidade, coñecementos, aptitudes e intereses, con tarefas sinxelas que axuden ao desenvolvemento das actividades, sempre coa dirección e coordinación do persoal responsable do Festival. Hai que lembrar que é o martes 20 de setembro ás 20.00 horas cando a organización do Festival convoca a todos os interesados e interesafas a asistir a unha xuntanza no Pazo da Cultura, co obxecto de presentar con máis detalle o funcionamento desta iniciativa e obter a información necesaria das persoas que desexen participar nela.

Compartir: