Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xullo e agosto rexistran un total de 195...

TÉÑENSE COMPUTADO PRETO DE 900 AVISOS NO QUE VAI DE 2011

Xullo e agosto rexistran un total de 195 incidencias atendidas pola Brigada de Obras municipal

Martes 20 de setembro do 2011

Seguindo cos datos analizados polo miúdo, en canto a porcentaxes, o alumeado supón un 61 por cento do total neste período, mentres que as peticións xestionadas a través de Carballo Limpo -relacionadas coa recollida selectiva de lixo, o Punto Limpo, a recollida de cartón, etc.-ocupan o segundo lugar en canto ás demandas veciñais, con 34 peticións entre os dous meses (23 en xullo; 11 en agosto) e un 17 por cento do total; ao igual que no que se refire aos servizos en xeral de auga, luz, recollida de lixo, saneamento ou teléfono, con outras 34 demandas veciñais (16 en xullo; 18 en agosto) e outro 17 por cen. As solicitudes relacionadas coa substitución ou arranxo do mobiliario urbano e co mantemento de edificios ou infraestruturas deportivas, supuxo un total de 6 avisos, 3 en cada mes. Tan só se rexistrou unha petición en agosto relacionada coas reparacións, substitucións ou colocación de sinais de tráfico e carteis e paneis indicadores. Por último, durante os meses de xullo e agosto non houbo ningunha demanda relacionada con bacheos ou arranxos de beirarrúas e a rede viaria municipal. Tampouco houbo ningunha demanda relacionada coa limpeza de espazos públicos, xardíns e zonas verdes en xeral.

Analizando os datos por parroquias, as que ocupan os primeiros postos, como vén sendo habitual, son Carballo, Rus e Sofán, por esta orde. A actividade é menor en Aldemunde, Vilela e Rebordelos, tamén por esta orde.

Compartir: