Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aldemunde, Entrecruces e Rus completan a...

A PARTIRES DO VENRES 23 DE SETEMBRO

Aldemunde, Entrecruces e Rus completan a súa oferta de TDT coa incorporación de trece novas canles de televisión

Mércores 21 de setembro do 2011

Para poder seguir estas canles, os interesados e interesadas deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor que lles corresponde como a calidade da cobertura por vía telefónica -no 981 572 154- ou na páxina web da Oficina Técnica da TDT <www.tdtgalicia.es>. A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV. O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plano da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante as próximas semanas, acenderá 67 centros emisores cos novos múltiplex.

Hai que lembrar que a Televisión Dixital Terrestre (TDT) é a tecnoloxía para difundir sinais de televisión que substituíu á televisión analóxica convencional. En TDT, as transmisións de imaxe e son realízanse en tecnoloxía dixital, o que permite un incremento do número de canles de televisión, unha mellor calidade e a posibilidade de incorporar servizos interactivos que outorgan aos espectadores a capacidade de constituírse como un elemento activo dentro do mundo audiovisual. Actualmente, existe unha ampla oferta de canles e servizos de TDT con máis de 30 canles de carácter nacional, 4 canles de carácter autonómico e outros locais (segundo a demarcación). Os interesados e interesadas en consultar a oferta e contidos dispoñibles, poden premer aquí.

Compartir: