Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo ofrece de novo á Xunta o traslado...

PRESIDENCIA ESTUDARÁ A PROPOSTA DO ALCALDE

Carballo ofrece de novo á Xunta o traslado das oficinas locais de Traballo e Medio Rural ao complexo do Fórum

Mércores 21 de setembro do 2011

Outro asunto que abordaron Evencio Ferrero e Alfonso Rueda refírese ao financiamento das entidades locais con máis de 30.000 habitantes, que quedan excluídas das liñas de axudas para a contratación de auxiliares de Policía Local ou para a remodelación de edificios municipais. Así, co sistema actual quedan rexistradas axudas para municipios de máis de 3.000 de 20.000 ou de 50.000 habitantes, quedando excluídos concellos como os de Carballo, Arteixo, Narón, Vilagarcía ou Redondela. Todos eles contan cun importante volume de poboación e deben asumir numerosos servizos cos conseguintes custes, mais sen poder optar ás liñas de axuda. O Alcalde, Evencio Ferrero, reiterou a necesidade de poder solicitar este tipo de subvencións, e máis en tempos de crise como os actuais. O Conselleiro de Presidencia subliñou a complexidade deste asunto, aínda que tamén expresou a súa vontade de estudar esta petición. Evencio Ferrero e Alfonso Rueda mantiveron unha xuntanza de aproximadamente 45 minutos nas dependencias de San Caetano en Santiago de Compostela.

Compartir: